MATAR O HEROE

ISBN: 9788491513520
Colección LITERARIA
Autor: Caamaño, Adolfo
Editorial: GALAXIA
Publicado: 2.019
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: LIBRO EN OTRO FORMATO
Páginas: 244
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/312250/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

22,75 € 22.75 EUR 23,95 €

23,95 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    PREMIO VILAR PONTE DE NOVELA 2018 Ao rematar a Gran Guerra, Charles Bonne-Mort tenta aturar as eivas que lle legou o masacre industrializado. Escríbelle aunha antiga e íntima amizade, o xendarme René Saint-Rien, con quen compoartiu a tortura e o horror das trincheiras. As súas cartas, á vez laio de despedida e berro de auxilio, adquiren un ton confesional no que o protagonista da novela repasa os rostros máis escuros da propia existencia e as peripecias que viviu co seu camarada de armas. Será capaz de sobrevivir outra vez? Convertido en taxidermista na Güiana Francesa, loita consigo mesmo e contra uns cobizosos adversarios que trazan un plan para acabar co pouco que lle queda de vida. Nun territorio gobernado polo absurdo, a vida alegre do París fin de siècle, as noites de permiso en Pigalle e a ameaza dos obuses do canón Gran Berta dan paso ao clima abafante dunha vila illada pola selva. Adolfo Caamaño artella unha historia onde o realismo extremo convive coas situacións absurdas nunha lograda fórmula que combina a literatura grotesca de Jarry coa paixón pola exactitude de Zola. Narrativa cun senso do límite que sitúa a quen le na posición da decisión fronte á ficción. Unha novela singular, un universo ficcional único.