Nus

ISBN: 9788491218210
Colección NARRATIVA
Autor: Gago, Manuel
Editorial: XERAIS
Publicado: 2.021
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: RUSTICA
Páginas: 392
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/340951/image_1920?unique=2f79547
(0 reseña)

20,85 € 20.85 EUR 21,95 €

21,95 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Na madurez, Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo. Móvese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente político da Galicia do posfranquismo;a súa conciencia social remata no seu propio corpo e o das mulleres coas cales aprende a descubrilo. Ou iso nos quere facer crer. Ata que Toño e os seus amigos chegan á solitaria praia de Calabarda, un paraíso aberto ao océano onde se pode ser libre dun xeito novo: sen roupa. Nun extremo da praia, os arqueólogos descobren un castro ancestral. Noutro, os veciños soñan con leiras de millo en que agromen os chalés. E no medio, Toño únese a unha grea de nudistas dispostos a todo para manteren os seus coiros ao sol. Manuel Gago ofrécenos en «Nus» un retrato irónico e irreverente da contraditoria Galicia de comezos da década de 1980 a través das aventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro.