Feijóo. Biografía dun farsante

ISBN: 9788484876465
Colección
Autor: Manuel Monge González
Editorial: LAIOVENTO (IBD)

Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: NULL
Páginas: 316
Plazo de entrega: 4 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/906871/image_1920?unique=d17dbfa
(0 reseña)

23,70 € 23.7 EUR 24,95 €

24,95 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Difúndese que Alberto Núñez Feijoo é unha persoa de centro dereita, reformista, liberal, dialogante, etc. Outros din que é un ultra disfrazado de moderado, que ten dúas caras. Falemos claro, Feijoo é un farsante: "hipócrita, mentireiro, troleiro, patrañeiro", segundo o Diccionario Xerais de sinónimos.Feijoo manifestaba: "No tengo intención de pactar con Vox, y no lo haré, es un partido que está contra Galicia". Hoxe é un valedor de pactos e gobernos de coalición con Vox e asume o discurso da extrema dereita.Pode dicir unha cousa hoxe, mañá outra e ao día seguinte todo o contrario. En Ourense cualificaba como "letal" a posibilidade dun pacto cono Gonzalo Pérez Jácome. Despois mantiña a Jácome como alcalde porque "garantiza la estabilidad". Feijoo é un "marxista" (de Groucho Marx) convencido: "Estes son os meus principios. Se non lle gustan, teño outros".O libro pode ser útil para coñecer as "amizades perigosas" de Feijoo;que fixo como presidente da Xunta de Galiza en educación, sanidade, servizos sociais, medio ambiente ou desenvolvemento económico. Lectoras e lectores terán información para comprobar que Feijoo non ten nada de bo xestor e nada de moderado e que sería un pésimo Presidente do Goberno.Existen outras biografías sobre Feijoo. Esta é unha biografía non autorizada, que ten pouco de literatura. É un libro de consulta, que pode ser útil para desmontar o discurso da dereita e ultradereita e conseguir que non gobernen nin en Galiza, nin no Estado, así de claro.