A muller de lona

ISBN: 9788484875840
Colección NARRATIVA
Autor: Santos Ledo, Alberte
Editorial: LAIOVENTO, S.L.
Publicado: 2.022
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: RUSTICA
Páginas: 238
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/407541/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

17,05 € 17.05 EUR 17,95 €

17,95 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    O mesmo día no que Hipólito Foxo, o único empregado dun aparcadoiro, empeza a redacción de dúas cartas ás mulleres coas que convive clandestinamente para rachar cunha delas, recibe a sospeitosa chamada da súa xefa que o arrastra a unha situación que non ambicionaba e da que non sabe saír. O protagonista da novela enfróntase a dúas encrucilladas, a sentimental e a laboral, inspirándose na modelo publicitaria, a quen lle da voz, que protagoniza a campaña de inverno duns grandes almacéns. Hipólito, un home cada vez máis ausente do seu hábitat, converte a procura de respostas nunha sorte de resistencia individual fronte a unha sociedade cada vez máis tecnolóxica que esmaga a través das mensaxes publicitarias do mundo actual a súa individualidade. A presenza da modelo na fachada dos grandes almacéns axúdalle durante 28 días a enfrontar a enxurrada de dúbidas e ameazas que amosan a vulnerabilidade do home actual fronte ao pensamento e os patróns dominantes das grandes campañas de publicidade. A novela resolve con doses de humor e unha marea ben argallada de personaxes as relacións do protagonista coa súa propia contorna: as súas parellas, os seus colegas de traballo, os vellos compañeiros da escola de FP, a veciñanza, un comunicante anónimo, ... O autor fai un intenso exercicio de experimentación no seu proceder narrativo, propoñendo unha estrutura para o relato chea de virtudes que dinamizan, ao tempo que ensanchan, a mirada do lector ante unha historia en constante movemento. Mirar a vida a través dos ollos de Hipólito -din o xornalista Ramón Rozas autor do limiar que antecede a novela-, dende o seu refuxio laboral entre choivas, fríos e coches é poñerse ante un cantil dende o que arroxar unha botella ao mar. Palabras enchoupadas de soidades que procuran resistir unha oleaxe cada vez máis forte, como a que plantexan estes días, os días nos que vivimos, os días nos que resistimos.