Novoneyra/ Celso Emilio

ISBN: 9788484875758
Colección ENSAIO
Autor: Manuel Castelao Mexuto
Editorial: LAIOVENTO (IBD)

Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: NULL
Páginas: 240
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/372413/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

7,60 € 7.6000000000000005 EUR 8,00 €

8,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Estes dous ensaios sobre Os eidos, de Uxío Novoneyra, e Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro caracterízanse por un triplo propósito: en primeiro lugar, o afán de fidelidade ao texto, a analizalo a partir de si, a explorar as súas articulacións, a procurar a relación de máxima intimidade con el;en segundo lugar, a tentativa de pensar o texto, levado pola imaxinación teórica propia do xénero ensaístico, nun xogo de ida e volta entre a análise minuciosa e a reflexión sobre o literario;en terceiro lugar, a vontade de comunicar esa experiencia a outros, achegándoa á sociedade da que e en que os textos nacen, tarefa esta máis premente cando a literatura constituíu e constitúe un lugar privilexiado na inacabábel construción da identidade de Galiza e na súa proxección universal. Por tanto, este traballo querería ser útil para calquera lector interesado na literatura e a cultura contemporáneas, para o investigador ou o especialista e, con certeza, para o profesional do ensino que queira beneficiarse dun traballo con efectiva aplicación á hora de axudar a ler, comprender e facer gozar estes textos aos seus alumnos, no ensino medio ou universitario.