DFW nas profundidades da tristeza infinita - As cancións qu

ISBN: 9788484875314
Colección TEATRO
Autor: Raúl Dans
Editorial: LAIOVENTO (IBD)

Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: NULL
Páginas: 252
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/349159/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

18,95 € 18.95 EUR 19,95 €

19,95 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    DFW nas profundidades da tristeza infinita.As cancións que lles cantaban aos cativos. (2 obras)En DFW nas profundidades da tristeza infinita, Dans afronta un audaz reto dramatúrxico, entre o relato biográfico e o delirio posmoderno, baixo a etiqueta de "non ficción". Unha obra sobre o proceso creativo e as rivalidades literarias que explora os episodios que forxaron a amizade de dous dos máis grandes novelistas americanos contemporáneos: David Foster Wallace e Jonathan Franzen.A acción d´As cancións que lles cantaban aos cativos (XXIV Premio SGAE de Teatro Jardiel Poncela) desenvólvese nas cidades de Vigo e Santiago de Compostela durante a primavera do movemento 15-M, uns meses antes de que ETA anunciase, en outubro de 2011, o cesamento definitivo da actividade armada, e remóntase aos anos do terrorismo máis duro e dos GAL. Rosalía, unha presa de ETA que vén de saír da prisión despois de cumprir a súa condena, dá os primeiros pasos da súa nova vida en liberdade mentres Brais, cuxa nai o abandonou cando tiña dous anos, trata de descubrir o segredo que agacha a súa marcha.Sobre As cancións... a crítica escribiu: "Raúl Dans produce unha peza de valor, en diversos sentidos: dramático, ideolóxico e literario" (Xesús González Gómez). "Xentes sen pasado, sen presente, sen futuro. O conflito particular tórnase universal" (Manuel F.Vieites)."É un pracer asistir aos xiros, engados e reviravoltas que propón o autor" (Xerardo Couto)."As cancións... resulta un difícil pero revelador exercicio de indagación no real social e persoal, unha aprendizaxe dura, que manca tanto como galvaniza, que proe porque nos fai máis fortes e conscientes. A vida que supura." (Armando Requeixo). "Un texto, coma todos os deste escritor, para ler e, por suposto, tamén para representar" (Miguel Sande).