Unha corrente salvaxe - e- Historia dunha descoñecida

ISBN: 9788484874751
Colección TEATRO
Autor: Raúl Dans
Editorial: LAIOVENTO (IBD)

Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: NULL
Páginas: 214
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/328401/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

17,05 € 17.05 EUR 17,95 €

17,95 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Pais e fillos, segredos e mentiras, culpa e redención.Nestas dúas obras protagonizadas por mulleres, Dans mergúllase nas zonas máis escuras da alma humana e afonda na nosa capacidade para facérmonos dano. Aquí, coma no resto do seu teatro, todos perden.Antes de iniciar unha nova vida a carón dun home ao que non ama e co que aínda así vai casar, cómpre que Ana salde unha débeda co seu pasado. Este é o arranque d´ Unha corrente salvaxe, coa que o autor ganou o XXXVII Premi Born de Teatre 2012. Segundo os membros do xurado, "a obra desenvolve un misterio moi logrado, e recrea diversas atmosferas de intriga e suspense, grazas á complexidade dos personaxes e das situacións e á axilidade dos diálogos".En Historia dunha descoñecida, inquietante thriller psicolóxico, Adela apura os últimos días de setembro e da súa madurez na casa de veraneo que ten na praia mentres o seu home, escritor de éxito, lle pon fin á súa nova novela, sen saberen que está a piques de descubrirse o perturbador segredo sobre o que se sustenta o seu mundo."Unha corrente salvaxe atrapa ao lector desde o inicio..., nunha dinámica que o vai ir sorprendendo a medida que avanza, e ao que non lle queda marxe para sequera tentar adiviñar o desenlace, habituado a que a páxina seguinte reconfigure a historia novamente" (X. M. Eyré)."Unha corrente salvaxe ten recendos da mellor traxedia clásica... Unha auténtica bomba de reloxería... Todo un pracer lector do que non convén privarse" (Armando Requeixo).