A fascinación desatada pola figura de Manoel Antonio converteunoen autor moito máis admirado do que lido. Nonsorprende: cos textos de vangarda, as características da súalinguaxe fan necesario un traballo de explicación e análisepara o lector poder realizar con eles un triplo proceso: ler,sentir e pensar. Non outra cousa significa a lectura, cabalmenteentendida. A orixinalidade deste volume consiste enfacer accesíbel, intelixíbel e apaixonante un texto que arrastraunha infeliz reputación de difícil, até tornar evidente porque De catro a catro constitúe unha das obras maiores davangarda peninsular no S. XX. A tal fin, son percorridos osdezanove poemas do libro e esa obstinada circunnavegacióné complementada con achegas de carácter máis ensaísticopara arredondar a interpretación e permitir un xogo de ida evolta entre a análise dos textos e a reflexión sobre o literariogalego, o lugar nel de Manoel Antonio, ou a sutil forma enque vampiriza a estética das vangardas históricas. Por tanto,este libro querería ser útil para os amantes da literatura, osprofesionais do ensino, os investigadores e, en xeral, todosos que queiran viaxar até o ámago da experiencia literaria enque o rianxeiro esgotou a súa vida para nos deixar un legadode inconmensurábel abertura.