MARGOT SPONER.: Do galego antigo ás fronteiras da resistenc

ISBN: 9788484873778
Colección ENSAIO
Autor: Antón Figueroa Lorenzana
Editorial: LAIOVENTO (IBD)
Publicado: 2.017
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
Páginas: 128
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/284722/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

13,20 € 13.200000000000001 EUR 13,89 €

13,89 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Margot Sponer foi en 1935 seguramente a autora da primeira tese presentada nunha Universidade, a de Berlín, sobre a lingua galega. Titulada Altgalizische Urkunden ou Documentos antigos de Galicia, era un texto semellante en forma e funcións ao que M. Pidal publicara en 1919 sobre documentos medievais casteláns. A Margot Sponer tocoulle no Terceiro Reich vivir unha violencia extrema fronte á que nunca se someteu. Neste estudo inténtase reconstruír, de maneira entrecortada ?os datos son irregulares?, unha vida de investigación, pero tamén de dignidade, de respecto e de axuda aos demais que a levou a participar na resistencia contra o nazismo en Alemaña. Apórtase documentación sobre a preparación do seus traballos en Galicia en 1926, sobre a súa elaboración e presentación en Berlín en 1935. Con esta súa tese e como membro do Romanisches Seminar da Universidade de Berlín, Margot Sponer apoiou a homologación da lingua galega como obxecto da ciencia filolóxica europea e contribuíu á internacionalización da nosa cultura como tradición de dignidade dende a Idade Media. Nunha época durísima, Margot Sponer amosou respecto polo individuo, capacidade para identificar e soster os principios éticos da convivencia entre os seres humanos. Como outras persoas naquel tempo pagou coa súa vida por defendelos. Este libro trata de mostrar a súa forza como persoa, como investigadora e como muller e de reivindicar para a tradición galega a súa memoria.