LUÍS SEOANE EN COMPOSTELA E OUTROS ENSAIOS

ISBN: 9788484873730
Colección ENSAIO
Autor: Antón Capelán Rey
Editorial: LAIOVENTO (IBD)
Publicado: 2.017
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
Páginas: 284
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/283726/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

21,04 € 21.04 EUR 22,15 €

22,15 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    Malia pertenceren os escritores aquí considerados a xeracións literarias diferentes, cómpre sinalarmos que non faltaron as relacións entre varios deles. Eduardo Blanco-Amor sempre consideraría o director literario de Nós como un dos seus mestres gratuítos no Ourense da súa formación intelectual. Pola súa parte, con motivo do pasamento de Risco, Celso Emilio dedicaríalle na revista Destino (11-V-1963) o poema ?A herdanza?, que logo recompilaría en Viaxe ao País dos Ananos, xa sen dedicatoria. Son ben coñecidas as relacións polémicas entre Celso Emilio Ferreiro e Luís Seoane na posguerra, orixinadas pola imaxe que dá da emigración o celenovés nese volume de 1968, pero non se ha de desatender nese enfrontamento tanto a traxectoria política do poeta de Celanova durante a Guerra Civil como a súa ascendencia estética sobre os membros das novas xeracións a partir dos anos sesenta. As cartas que Luís Seoane dirixe a Blanco-Amor testemuñan cumpridamente a súa admiración polo novelista ourensán, a quen lle edita A esmorga, mais non debemos ocultar as escasas relacións habidas entre eles en Bos Aires, a pesar de participaren os dous nas actividades culturais do Centro Galego e de sucedérense na dirección da revista Galicia. Do que non hai dúbida é da grande admiración que sentía Blanco- Amor polo artista coruñés, como proban os diferentes artigos que sobre el publicou desde a década dos cincuenta.