O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓO

ISBN: 9788484873273
Colección ENSAIO
Autor: Manuel Monge
Editorial: LAIOVENTO (IBD)
Publicado: 2.016
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: OTRO FORMATO LIBRO
Páginas: 202
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/262449/image_1920?unique=b54fd0e
(0 reseña)

18,91 € 18.91 EUR 19,90 €

19,90 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    O PERVERSO GOBERNO DE FEIJÓOSete anos en negroCómpre un balance do desgoberno de Feijóo. Sete anos perdidos, seteanos en negro. Este é o «éxito económico» de Feijóo: no primeiro trimestrede 2009, co goberno bipartito (PSOE-BNG), Galiza tiña 162.700 persoasdesempregadas, cunha taxa de paro do 12,22%, e acababa 2015 con222.700 parados e unha taxa do 17,74%;nese mesmo período, a débedapública de Galiza pasaba de 3.923 millóns de euros a 10.375 millóns,e Galiza perdía máis de 18.000 millóns de euros na súa capacidade degasto, pasando de 11.793 millóns de euros en 2009 a 8.873 millóns en2016. Galiza recada cada ano 3.000 millóns de euros máis do que despoisinviste o Estado na nosa nación. Perdemos 8.464 millóns de euros dendea entrada en vigor do sistema de financiamento autonómico en 2009. EFeijóo calou.Retroceso no Estado de Benestar. Recorte de 237 millóns de euros noorzamento de Sanidade (un 18%), hai un proceso de privatización da sanidadepública e suprimíronse máis de 3.000 postos de traballo. Recortede 256 millóns de euros no orzamento de Educación desde 2009, coaperda de máis de 2.000 ensinantes. Hai 23.672 persoas dependentes, queseguen esperando por unha prestación, e 465.852 persoas (o 16,14% dapoboación) viven na Galiza por debaixo do limiar da pobreza.Desmantélase o sistema financeiro galego e as caixas fusionadas véndense,a prezo de saldo, a un banco venezolano. Perdemos o Banco Pastore o noso aforro tamén emigra. Abandono de sectores estratéxicos danosa economía: volven as tractoradas en defensa dun prezo digno parao leite;paralización da construción naval;temos menos barcos de pescae perdemos caladoiros;a Xunta practica unha nefasta política forestal e oPP prorroga a concesión a Ence na ría de Pontevedra até 2073.Continúa a corrupción nos concellos galegos e o financiamento ilegaldo PP. O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, estáprocesado por ofrecer traballo a cambio de sexo. E Feijóo non sabía nada.