CONFLITO LING?ÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZAA situación do galego como síntoma.Os leitores e leitoras teñen na man un libro fundamental na historia modernado galego e unha peza clave na sociolingüística do noso país. Apublicación en 1976 de Conflito lingüístico e ideoloxia na Galiza supuxoun fito na análise, interpretación e diagnóstico dos problemas do galegoen conexión cos problemas de estirpe económica, social e política que anosa nación padece. Ao tempo, facía a deseción das principais ideoloxíasque se proxectaban sobre o idioma e das expectativas que delas se desprendían.Laiovento publicou a terceira edición deste libro en 1991, e acuarta, corrixida e enriquecida con novos textos, en 1998. Agora apareceesta quinta edición, primeira dixital, notoriamente aumentada con análisessobre a política lingüística oficial, a mobilización popular contra ela, aconciencia social sobre o idioma e o seu estado como síntoma, no que vaide século XXI. Desta forma, a través deste libro o lector pode decatarsede como evolucionou a situación lingüística na Galiza desde a décadados setenta do século XX até hoxe, practicamente 50 anos, tirando asconclusións oportunas sobre as mudanzas cuantitativas e cualitativas quese produciron. Este libro, nesta quinta edición, primeira dixital, amplía asúa utilidade, a súa validade, a unha cuestión clave na vida dunha linguaoprimida como o galego: proporciona o modelo teórico e as pautas decomportamento lingüístico precisos non só para comprendermos o conflitolingüístico que vive este país, senón para remontalo a executar unhaprática normalizadora merecente de tal nome, isto é, que poña comoobxectivo central da preocupación polo galego a súa restauración social,através da plenitude de usos e funcións.No panorama bibliográfico galego -tan necesitado de páxinas esclarecedorasa respeito do idioma-, este libro de FRANCISCO RODRÍGUEZ(cuxas publicacións sobre Rosalía de Castro, Curros, Castelao... e outrosmoitos aspectos da lingua e da literatura galega reorientaron de maneiradecisiva o coñecimento e a interpretación destas producións), segueresultando único polo seu rigor, o seu axeitado aproveitamento do máiscientífico e actualizado da sociolingüística mundial e a súa constantepreocupac ión por facer análise científica, ao servizo dunha causa que nonadmite demoras nen trampas: a recuperación do idioma galego.