"Buscaba bágoas por todos os lugares. Cando as atopaba, recollíaas con delicadeza. Ensartábaas unha a unha. Algunhas eran bágoas de follas" As penas, as inxustizas, as decepcións, a dor física, tamén o maltrato ao planeta son algunhas das pezas engarzadas neste afeite: delicado polo material sensible que porta, pesado pola carga emocional que sustenta. Finalista do XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, O colar de bágoas é unha fermosa e poética historia sobre a vida e as circunstancias da existencia humana, sobre a pegada que deixamos ou que nos deixan.