Que historias nos corresponde contar a nós enriba dun escenario? Como as debemos contar? Porque a de Zara era unha historia xunto á que medramos e que acadara unha dimensión global. Era ao mesmo tempo un caso de éxito individual e a confirmación do fracaso colectivo como país? [Fragmento do limiar de Xesús Ron: ?A extrema sinxeleza do teatro?] ?Citizen? é teatro de texto, teatro documental, performance, comedia, audiovisual. Esta obra pregúntase onde empeza a realidade e onde remata a ficción. É o que para Chévere significa facer teatro aquí e agora. Trátase dunha ficción baseada na figura de Amancio Ortega, que nos últimos 40 anos creou un imperio global afincado en Galicia, na periferia do sistema económico. Con este trasfondo, ?Citizen? é unha oportunidade para reflexionar, ironizar e cuestionar os efectos da globalización en relación coas nosas identidades individuais e colectivas.