Autobiografía, pero tamén crónica dun tempo, dunha xeración e dunha esperanza, o protagonista deste libro asume a experiencia dos anos para percorrer, agora na memoria, o camiño andado. Desde o despertar da República e o pulo do galeguismo ata o labor cultural para reconstruír na clandestinidade aquel alento esvaído. Desde a sublevación militar, que esborrallou o futuro, ata as posibilidades que abriu a chegada da democracia. Experiencia do pasado, sen renunciar ao porvir, que de seguro ha resultar proveitosa para as novas xeracións.