AGAN, dende a súa singradura está implicada na difusión da Cultura Acuicola Galega, tanto doce como salgada. Con esta obra de enfoque didáctico, tanto nos textos como nas numerosas ilustracións e fotografías se pretende difundir o coñecemento doceacuicola. Contén capítulos dedicados á xeomorfoloxia dos ríos, ás actividades humanas como os encoros, a pesca, a fauna, a ameaza sísmica, e ao manexo da conca hidrográfica, así como á acuicultura, a contaminación e a depuración.