As iluminacións

ISBN: 9788419213464
Colección TAMBO
Autor: Rimbaud, Arthur
Editorial: FAKTORIA K DE LIBROS
Publicado: 2.023
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: RUSTICA
Páginas: 128
Plazo de entrega: 4 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/915240/image_1920?unique=6ff04b9
(0 reseña)

13,30 € 13.3 EUR 14,00 €

14,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    O territorio da exploración dos abismos gañado por Rimbaud para a poesía márcano dúas mouteiras: 1873 e 1886. No primeiro deses anos saíu Une saison en enfer. Un disparo co que Verlaine lle acertou nunha man selara xa a ruptura definitiva entre ambos, e a nai do autor pagou a factura dunha imprenta de Bruxelas, que despacharía cincocentos exemplares. O outro ano de referencia, 1886, é o da publicación de Les Illuminations, escritas tamén no tempo da montaña rusa afectiva con Verlaine, que é quen esa vez se fixo cargo dunha edición de dous centos de copias. Rimbaud, afeito a que os sitios que ocupa o expulsen («como se tivesen mans», dixo Jacques Rivière), está daquela en Harar e a súa obra non obtén un eco inmediato, porque a súa é unha alma soa no tempo, pero lanza unhas sementes que, no futuro, abrollarán nos textos dos seus netos surrealistas e dos bisnetos da Beat Generation. Anxo e demo, nega por un igual os valores revolucionarios e os burgueses, e a posteridade encargarase de outorgarlle resplandores novos aos lóstregos da súa cólera;traducidos agora para o galego por Tamara Andrés e Oriana Méndez, con admiración e esmero.