Este libro, como delata o seu título, é froito de dúas pulsións radicalmente opostas nun tempo no que Martín Veiga ía atravesar a vivencia transformativa de converterse en pai por primeira vez -?a ganancia máis fermosa?, en palabras do autor- e a experiencia frustrante de padecer un ataque informático que borrou do seu ordenador -?a violencia ruín da perda?- todos os arquivos de moitos anos de traballo, entre ensaios, traballos académicos, poemas, anotacións, fotografías...