Esta obra ofrece unha achega novidosa -polo seu contido e perspectiva- ao legado que Grecia e Roma deixaron á sociedade galega e como o utiliza e interpreta desde as coordenadas da propia cultura. Unha cultura que, como mencionou Castelao no Sempre en Galiza, sofre "un castigo igual ao de Prometeo", oprimido pola aguia imperial por roubarlles o lume aos deuses e entregarllo ao ser humano.