As ´escolas novas´ e os seus problemas

ISBN: 9788413432670
Colección (G).BIBLIOTECA DE PEDAGOXIA
Autor: Codignola, Ernesto
Editorial: KALANDRAKA
Publicado: 2.023
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: RUSTICA
Páginas: 208
Plazo de entrega: 4 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/910612/image_1920?unique=c358ebb
(0 reseña)

18,05 € 18.05 EUR 19,00 €

19,00 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    «A Nova Educación prepara en cada neno non só o futuro cidadán, capaz de cumprir os seus deberes para cos seus próximos, a súa nación e a humanidade no seu conxunto, senón tamén persoas conscientes da súa propia dignidade como seres humanos». A Nova Educación con varias denominacións: Éducation nouvelle, New Education, Progressive Education ou tamén Escola Nova supuxo unha revolución copernicana, unha ruptura con respecto ao modelo educativo dominante a finais do s. XIX. Favoreceu, ademais unha salientable renovación metodolóxica;abriu as portas das escolas ao medio social e ao natural, estimulou que os docentes se interesasen polos nenos e os adolescentes desde o punto de vista psicolóxico e emocional, polas súas necesidades e motivacións;puxo o foco no clima organizativo e relacional;deulle un novo protagonismo á formación ética e de cidadanía democrática e promoveu a creatividade e a expresión infantil. O presente texto, seleccionado entre as diversas achegas existentes que abordan a Nova Educación, correu a cargo do profesor e filósofo Ernesto Codignola, promotor en Italia, despois da Segunda Guerra Mundial, dunha das recoñecidas escolas novas. Trátase dun texto rico en información e argumentativo, que foi actualizado en 1962, complementado polo pedagogo Aldo Visalberghi e reeditado de novo en 1970. O libro conta cunha nota de presentación (onde se aclaran referencias, datos e conceptos que poden presentar algunha complexidade na actualidade), cun anexo conceptual e informativo ordenado alfabeticamente e un epílogo final de Antón Costa, especialista na materia.