Despois de Un dous tres, que ves e Un dous tres, vampiro ti es Nadia Budde preséntanos unha nova proposta repleta de situacións disparatadas, xogos de palabras e rimas delirantes. Nesta ocasión, son os personaxes e obxectos asociados ao Nadal en diferentes culturas os protagonistas dos seus versos encadeados e cheos de ritmo: abetos, renos, elfos, bonecos de mazapán, Quebranoces, Papá Noel, os Reis Magos... Un álbum de singular formato que nos proporcionará diversión e aprendizaxe. Unha proposta para cantar e contar que axudará a desenvolver a imaxinación e a capacidade de comunicarse para prelectores e primeiros lectores.