Achegar a lectura a nenas e nenos no espectro do autismo é o reto da colección De fácil lectura - Makakiños creada por KALANDRAKA en colaboración coa Asociación Autismo BATA. O texto deste conto popular adaptouse reducindo as palabras con carga alegórica, as metáforas e restando abstracción á linguaxe. As ilustracións tamén se axustaron para conseguir a máxima precisión na percepción da historia a nivel visual.