No castelo do Glandier produciuse un suceso imposible. A señorita Stangerson sufriu un desapiadado ataque dun enmascarado, a pesar de que estaba pechada na súa alcoba. Como foi posible que entrase e saíse un criminal? Este enigma aparentemente insondable atrae a atención do xornalista Rouletabille, que sabe como facer traballar «o lado correcto do seu pensamento». Un clásico da literatura detectivesca preciso e fermoso coma un cronómetro mecánico.