Xosé Ramón Reboiras Noia é moito máis ca Moncho Reboiras, unha imaxe nun cartaz ou nun valado. Unha persoa por riba dun mito. Un dos grandes dirixentes políticos do nacionalismo a quen o franquismo lle arrebatou a mocidade, o entusiasmo e a rebeldía en agosto do 1975. Neste libro, historico e xornalístico, Xosé Manuel Pereiro e Xurxo Martínez González, danlles voz aos compañeiros e compañeiras daqueles anos de fulgor e atrevemento, levándonos a un tempo moi distinto do actual onde todo estaba por construír.