Entre a súa prolífica obra destacan Historia de Galicia (1866-1880), Los precursores (1885), sobre o rexurdimento das letras galegas, e Galicia (1888). Tamén colaborou na prensa en publicacións como La Oliva, Suevia, Labor Gallega, Eco de Galicia, Galicia, Patria Gallega, Ilustración de Galicia y Asturias e La Ilustración Gallega y Asturiana.