Fun pasar as vacacións á Aldea Vella, onde vive meu tío Felipe, e botei alí unha tempada. E paseino ben, moi ben, falando con xentes dos arredores que sabían quen eu era;deprendendo novos xogos;vendo cada día ferramentas e animais que denantes só vira nos libros E entre unha leria e outra, veña de chamarme forasteiro, con certa retrónica e con ese seu dicir tan chusco, tan pavero.