Dicionario dos seres míticos galegos

ISBN: 9788411100724
Colección EDICIONS SINGULARES
Autor: Cuba, Xoán R.
Editorial: XERAIS
Publicado: 2.022
Clase: LIBROS

Idioma: GLG
Encuadernación: RUSTICA
Páginas: 280
Plazo de entrega: 5 Días
https://indexbooks.es/web/image/product.template/419555/image_1920?unique=2f79547
(0 reseña)

37,95 € 37.95 EUR 39,95 €

39,95 €

Not Available For Sale

    Esta combinación no existe.

     

    O «Dicionario dos seres míticos galegos» é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ao tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes achegas ao patrimonio cultural galego nos últimos anos. Nas 710 entradas das que consta o «Dicionario dos seres míticos galegos» pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras;entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade;roubar o peite da moura;recoller carbóns que se convertan nun tesouro;sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos;durmir con Pedro Chosco;ter medo da estadea;fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña. O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a raíña Lupa;asaltará casas con Pepa a Loba;beberá na fonte de Ana Manana;voará con meigas, chuchonas e nubeiros;correrá sete parroquias cos lobishomes;verá como Deus crea demos e anxos;asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios;navegará no bergantín pantasma;andará os camiños coas ánimas da Compaña;tremerá na noite ao escoitar o paxaro da morte;enfrontarase co can negro, co lobo branco, coa peregrina, coa zarrulada, co urco e coa pastoriña;visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, pozos piagos e entradas do inferno, camiños ao alén e cabos do mundo;coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Mariamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco;lerá «O Ciprianillo» e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina.