Enciclopedia perplexidade

ISBN: 9788419213501
Col·lecció: RIZOMAS
Autor: Reixa, Antón
Editorial: FAKTORIA K DE LIBROS
Publicat: 2.024
Classe: LIBROS

Idioma: GLG
Enquadernació: RUSTICA
Pàgines: 176
Termini d'entrega: 4 Dies
https://indexbooks.es/web/image/product.template/940175/image_1920?unique=6ff04b9
(0 revisar)

17,10 € 17.1 EUR 18,00 €

18,00 €

Not Available For Sale

    Aquesta combinació no existeix.

     

    Unha obra para achegarse ao universo creativo dunha das fifiguras máis destacadas e polifacéticas da cultura galega contemporánea. Tras Melancoholemia. Vida de mamarracho, Antón Reixa regresa á colección Rizomas con Enciclopedia perplexidade, unha antoloxía dos seus poemarios publicados entre 1976 e 2023: Crebade as liras, Silabario da turbina e A dama que fala -ambos co colectivo Rompente-, As ladillas do travesti, Historia do rock and roll, Transporte de superficie, Ringo Rango, Escarnio, Látego de algas, Leccións de cousas, Algo raro pasa raro, Michigan, acaso Michigan. Crónica de 18 días en coma, Outlet ou o recente 2ª man. No prólogo da obra, o profesor e escritor Xabier Cordal afirma que de entre todas as facetas creativas na traxectoria de Reixa -cine, televisión, radio, música, videoarte, performance- a poesía ocupa o primeiro lugar. A perplexidade sobre o mundo e sobre a vida, unha forma intelixente de escenificar o caos segundo o autor, son unha constante nunha obra que abarca unha ampla temática: a estrañeza do cotián, as fraudes do idealismo, o inconsciente, a decadencia, o desexo e o tabú, a depredación capitalista, a violencia colonial en Galicia e noutros pobos